Ma tache 1 es lièe aux les cinq sens
:
- Comment vous-êtres vous organisé(e)s pour réaliser cette tâche?
O que fixemos no grupo foi crear un grupo de whatsapp para facilitar a nosa comunicación. Para comezar o traballo o primeiro paso foi reunirnos os membros do grupo e planificar xuntos o tema do traballo, a quen ía ir dirixido, cal sería a actividade a desenvolver, etc. Unha vez acordamos o traballo pasamos a dividir a tarefa para que cada un de nós se fixera cargo da parte que mellor se lle daba ou que máis lle gustaba; infografía, elaboración do texto, tradución o francés, etc.
a. Avez-vous éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Quizá a maior dificultade coa que nos atopamos a hora de levar a cabo esta actividade foi na elaboración do texto da tarefa. Cando fixemos a tradución ó francés descubrimos que era un pouco complexo e isto dificultaba a tarefa. O texto tiña que ser máis simple para facilitar a labor da tradución xa que algunhas estruturas eran demasiado complexas. Ademais o texto vai dirixido a rapaces e rapazas de educación primaria polo que debe ser simple e de comprensión sinxela para eles.
b. Qu’est-ce que vous avez appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que vous avez appris d’autre?
O levar a cabo esta tarefa manexamos moito vocabulario que, o ser en francés, e practicamente novo para nós, o ser nós mesmos os que o temos que manexar e comprender para realizar a tarefa fai que a nosa aprendizaxe de todo este novo vocabulario sexa moi veloz. Ademais é unha actividade non guiada, non temos axuda a hora de facela e cometemos moitos erros pero poder corrixila antes fai que descubramos todos eses erros e o por qué deles, isto fai ca nosa aprendizaxe sexa maior no tema do vocabulario e a tradución.
- Quel est votre avis général sur la tâche?
Consideramos que é unha boa tarefa para comezar xa que como dicíamos con anterioridade permitiunos saber en que punto estamos con respecto a unha lingua totalmente nova para nós como o francés é as dificultades que presenta a elaboración de actividades para as nenas e os nenos de primaria noutra lingua diferente da habitual.
Ademais tivemos que facer uso das diferentes ferramentas lingüísticas e páxinas web que descubrimos nas clases polo que adquirimos maior soltura con elas para futuras tarefas.
- Quel est votre avis général sur le groupe de travail?
En xeral pensamos que foi unha tarefa grupal moi productiva, a comunicación entre todos os integrantes foi boa e a hora de elaborar a tarefa cada ún de nós encargouse da parte que mellor se lle daba o que fixo máis sinxela a elaboración do traballo. Tamén algo moi positivo de elaborar esta tarefa en grupo é que a hora de levar a cabo a tradución permite maior seguridade xa que somos varios a detectar os erros ou para acadar acordos, se fixéramos a tradución individualmente sería unha actividade de maior dificultade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario